EIXOS ESTRATÉXICOS DE ACCIÓN

En 2009 MUSOL, Municipalistas pola Solidariedade e o Fortalecemento Institucional, redefiniu o seu Marco Estratéxico, actualizándoo ao novo contexto e integrando aqueles eixos de acción, valores, expectativas e tendencias que se delinearon de forma clara durante os primeiro 10 anos de vida da organización (1998-2008).

A definición do novo Marco Estratéxico, froito dun proceso de análise e reflexión realizado entre finais de 2008 e inicio de 2009, puxo de manifesto que non só os proxectos de cooperación ao desenvolvemento e codesarrollo son eixos fundamentais de acción para a organización, senón que as accións e iniciativas de sensibilización e educación para o desenvolvemento resultaron ser tamén o eixo vertebrador da acción de MUSOL en España.

Cooperación para o desenvolvemento

Apoio aos entes públicos rexionais locais de América Latina e África na prestación sostible de servizos básicos de calidade á poboación local.

Fortalecemento dos entes públicos locais e rexionais de América Latina e África en aspectos de xestión e administración, fomentando transparencia e eficiencia na actuación dos mesmos.

Fortalecemento dos procesos de planificación do desenvolvemento local en América Latina e África, institucionalizando espazos de participación popular nos gobernos locais e rexionais e en articulación cos demais actores involucrados.

Educación para o desenvolvemento, sensibilización e formación

Educación para o desenvolvemento, sensibilización e formación para o público en xeral e para os entes locais e autonómicos españois en particular, co obxectivo de mellorar: a calidade da prestación de servizos básicos á poboación, en particular os servizos aos cales atenden inmigrantes; a calidade da cooperación descentralizada e a atención dos entes locais para os temas de cooperación, loita contra a pobreza e ODM; mediante o fortalecemento das capacidades do persoal que atende estes servizos e a articulación de entes locais españois e homólogos do Sur.

Codesenvolvemento

Fortalecemento das organizacións de inmigrantes en España para favorecer a súa afirmación como interlocutores transnacionais dos entes locais e autonómicos españois e dos países en orixe.

Acompañamento aos gobernos locais e rexionais dos territorios de orixe e de destino para fortalecer as capacidades do seu persoal para mellorar as actividades que realizan para a xestión da inmigración nos seus territorios.

Traballo en conxunto coas organizacións das organizacións de inmigrantes en España para fomentar a súa participación nos procesos de desenvolvemento dos seus países de orixe.

Ofertas de Empleo

Hazte socio

Blog Musol

Suscríbete

Fines Sociales

Boletín

Redes Sociales

 

Únete a MUSOL, ¡ayudanos a seguir ayudando!

Facebook MUSOL Twitter MUSOL   linkedin-inbug-2c

 

¡ GRACIAS !

 

Canal Musol Youtube

Únete

 Facebook MUSOL Twitter MUSOL   linkedin-inbug-2c

local for green project

logo fondo blanco

 

 

Auditores de Cuentas especialistas en Justificación de subvenciones para Fundaciones

 

 

NUESTROS PROYECTOS

Nuestros Proyectos

 


Cosital Network

Musol - Ir al Inicio

MUSOL
Plaza Jesus, 5 pta 3.
46007 Valencia
Telf - Fax: 96 381 75 09
Mail: info@musol.org

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso.

  Acepto las cookies de este sitio.
EU Cookie Directive Module Information