Sobre MUSOL
Quero estar informado das vosas actividades Como podo solicitar información e a quen?
Se queres estar informado de todas as nosas actividades animámosche a que che subscribas ao boletín electrónico. De xeito bimestral recibirás información sobre os nosos proxectos, as campañas que temos en marcha, as actividades que organizamos na túa cidade, como podes colaborar connosco?
Quero traballar nos proxectos de MUSOL nos países do sur. É posible?
Cando a Organización require persoal para desprazarse a terreo ábrese un proceso de selección para que as persoas interesadas no posto vacante teñan a oportunidade de presentar a súa candidatura. As ofertas de traballo cólganse na páxina web.
Como podo facerme voluntario/a?
Podes facerte voluntario estable ou participar en actividades concretas na túa cidade. Consulta as ofertas de voluntariado dispoñibles.
Como podo facerme socio / facer un donativo?
Pódelo facer chamando ao 963 817509 ou 963 221041, a través do formulario da nosa páxina web.
Xerais
Que é a descentralización?
A descentralización consiste no traspaso do poder e toma de decisión cara a núcleos periféricos dunha organización. Supón transferir o poder dun goberno central cara a autoridades que non lle están xerárquicamente subordinadas.
Que é a desconcertación?
A desconcentración é unha técnica administrativa que consiste no traspaso da titularidade e o exercicio dunha competencia que as normas atribúanlle como propia a un órgano administrativo noutro órgano da mesma administración pública jerárquicamente dependente.
Se tes algunha pregunta que non respondemos nesta listaxe podes contactar connosco, estaremos encantades de atenderche.