Financiador: Goberno Balear
Socio Local: Pacte
Custo total: 141.564,51 €
Subvención: 110.052,18 €
Duración: O proxecto obtivo financiamento en 2011 e empezará en 2012
O proxecto enmárcase no Programa de Fortalecemento da Democracia Participativa (2011-2013), implementado pola ONG PACTE, que promove o dispositivo de consulta e coordinación dos actores do desenvolvemento para unha xestión urbana concertada, nos municipios de Ziguinchor e Bignona, impulsado pola Axencia Rexional de Desenvolvemento (ARD) co apoio, entre outros, do programa Art Gold do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento. O proxecto fortalecerá 26 consellos de barrio en Ziguinchor e 7 marcos de concertación en Bignona, instancias de concertación do desenvolvemento local previstas polo dispositivo de participación e coordinación da Axencia Rexional de Desenvolvemento. Promove o empoderamiento das mulleres con accións de alfabetización e liderado feminino, as capacidades das Colectividades Locais destinatarias e o fomento de marcos de concertación entre Ziguinchor e Bignona. O proxecto de 18 meses beneficiará directamente a 1029 homes e 511 mulleres (membros consellos, Electo(a)s, cidadás).